Imagen filloasA conciliación familiar e laboral é unha das principais necesidades das familias e en consecuencia unha das nosas principais preocupacións, traballamos en aulas matinais, comedores escolares, actividades post-comedor, ludotecas e servizos puntuais.
• Fomentamos actitudes respectuosas, positivas e curiosas ao respecto da contorna (medio ambiente, diversidade, cultura popular)
• Apoiamos a creación e consolidación de hábitos saudábels de hixiene, de alimentación e, tamén no relativo a actividades físicas-deportivas.
• Participamos na creación de relacións positivas entre os usuarios baseadas na cooperación e na afectividade.
• Estimulamos a creatividade como principal medio de expresión.

En Clarexa partimos dunha metodoloxía activa e participativa onde os rapaces/as non son meros receptores senón que se sitúan como participantes activos e creadores. Nas nosas propostas mistúranse:
• Actividades non dirixidas: Lectura, escritura, debuxo, utilización e manipulación de xogos e xoguetes…
• Actividades semi-dirixidas: Asambleas, obradoiros, recreación deportiva a artística, contacontos, grandes xogos, xogos ó aire libre, saídas, cociña, repostería, xardiñeiria…

Somos profesionais comprometidas e cualificadas, se queres facilitar a conciliación da túa comunidade ou traballadores/as, contáctanos.