Todas as nosas accións enfatizan no proceso máis que no resultado e baséanse nos seguintes principios:
Educación integral
Tódolos aspectos dunha educación integral están presentes nas nosas accións de forma transversal: o respecto polos demais, por si mesmos/as e polo medio que lles rodea; o traballo en equipo e a concepción da diversidade como algo positivo.
Coeducación
Os nenos e nenas deben ser educados na igualdade de oportunidades e na non discriminación por razón de xénero.
Respecto polos ritmos individuais e a evolutiva
Que non todos somos iguais nin temos os mesmos gustos é sabido, por iso nos sempre nos preguntamos porqué nun grupo todos temos que facer a mesma actividade e rematala ó mesmo tempo. En Clarexa cremos na adapatación ós ritmos individuais ou en pequenos grupos, respectando así o desenvolvemento das persoas e fomentando a súa creatividade.
Principios democráticos
As nosas actividades están plantexadas na toma de decisións conxunta, tódolos axentes que interveñen no desenvolvemento integral dos nosos usuarios e usuarias teñen dereito a participar na toma de decisións sobre os temas que o requiran.
Metodoloxía Lúdica e Práctica
Traballamos a través do xogo. Adaptamos os xogos os diferentes colectivos dende cativos/as ata os máis adultos/as. «Aprender xogando» «Aprender facendo» son dous das nosas máximas principais. A experimentación e a maneira máis efectiva para adquirir aprendizaxes sean do tipo que sean.
Proceso máis importante que o resultado
Xa o dixemos ao inicio, nós traballamos en procesos educativos máis que en accións puntuais e aínda que os resultados teñen unha importancia innegable é nos procesos onde a aprendizaxe é máis valiosa, coidamos o día a día das nosas actividades, coidamos os detalles, coidamos a educación.